A galina roxa
A galina roxa

A galiña roxa

KALANDRAKA
252006
14,00 €
Impuestos incluidos
A galiña roxa

 
A galiña roxa é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo. A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar... Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos.
paginas
36
encuadernacion
TAPA DURA
espesor
9
colección
CONTOS DO TRASNO
zona
GALICIA
altura
220
ancho
220
30 Artículos
9788484648093
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos