Despois da chuiva
Despois da chuiva

Despois da chuiva

KALANDRAKA
369039
16,00 €
Impuestos incluidos
Despois da chuiva

 
Despois da chuvia é unha fábula moderna sobre a superación das adversidades, a adaptación ao medio e a colaboración duns cos outros para a supervivencia do colectivo. Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que saír adiante nun improvisado refuxio. Un pequeno raposo ofrecerase para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades -nin nas súas intencións- e encomenda esas tarefas a outros animais. Na obra galardoada co VIII Premio Internacional Compostela de Album Ilustrado están presentes a solidariedade e o traballo en equipo na busca do ben común, que non depende do luxo, senón de elementos esenciais -e mesmo inmateriais- para atender as necesidades básicas. Nunha lectura máis profunda, o raposo -identificado na literatura e na cultura popular como un ser astuto e enganoso- motiva a desconfianza dos seus compañeiros, aos que este personaxe acabará sorprendendo cunha valiosa achega que supera as expectativas de todos. O protagonista deste relato enterneceranos coa súa inocencia cando -inxenuamente- pretende conseguir o inacadable.
paginas
32
encuadernacion
TAPA DURA
espesor
8
colección
SIN COLECCION
zona
GALICIA
altura
290
ancho
195
4 Artículos
9788484649687
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos