O trasno de Alqueidon
O trasno de Alqueidon

O trasno de Alqueidón

XERAIS
87722
Últimas unidades en stock
10,50 €
Impuestos incluidos
O trasno de Alqueidón

 
Este libro está formado por tres contos: " O trasno de Alqueidón " Inés e Diego teñen unha casa con faiado;unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire;como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man." Neve na Amaía " Utiliza a estrutura acumulativa dos contos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa;teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apáganse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns;este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe;cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita;esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico." Chave de Ponte, Chave de Carballo " Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamado Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.
paginas
1
encuadernacion
OTRO FORMATO LIBRO
espesor
3
colección
MERLIN 7 ANOS
zona
GALICIA
altura
190
ancho
135
3 Artículos
9788483027554
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos