Carrito
No hay más artículos en su carrito
A árbore xenerosa
A árbore xenerosa é un clásico de 1964 para lectores de todas as idades que presenta -en clave crítica- reflexións e lecturas diversas: unha amizade incondicional e desinteresada que non é correspondida en igual medida;a relación co noso planeta, constantemente agredido;a contraposición entre as necesidades materiais e o intanxible, para acadar a felicidade;e mesmo unha parábola da familia... O texto é unha sucesión dinámica de accións arredor da figura central da árbore que, ao longo do tempo, interactúa cunha persoa. Toda unha vida transcorre nesta historia tenra e conmovedora, cun pouso de tristura: dende a nenez, cando os dous xogaban;ata a idade adulta e a etapa anciá, diferenciadas polo contraste entre "querer" e "necesitar" como actitudes vitais. Sen pedir nin agardar nada a cambio, a xenerosidade e o amor sen límites son o sinal de identidade dunha árbore que é feliz facendo feliz o Neno.
- paginas
- 64
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 3
- colección
- TRAS OS MONTES
- zona
- GALICIA
- altura
- 255
- ancho
- 190
3 Artículos
9788484649625
No hay comentarios