Carrito
No hay más artículos en su carrito
Esperando o amencer
O sol, a lúa e a chuvia levan semanas sen deixarse ver pola selva e todo está envolto nunha longa noite. Os animais do bosque amazónico diúrnos e nocturnos, que corren, voan ou nadan, que roxen ou grallan, preocupados porque xa non recoñecen o seu fogar, emprenden unha viaxe para descubrir por que non amence. O texto poético e o emotivo tratamento da cor en Esperando o amencer son as ferramentas das que se serve Fabiola Anchorena para desenvolver esta necesaria chamada de atención ante a explotación e destrución que a Amazonia sofre desde hai décadas. Un álbum que tamén nos invita a reflexionar sobre os incendios forestais, un fenómeno que se acelerou nos últimos anos polos efectos do cambio climático e que desgraciadamente se converte en noticia cada verán.
- paginas
- 40
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 1
- colección
- SIN COLECCION
- zona
- GALICIA
- altura
- 280
- ancho
- 200
1 Artículo
9788413431772
No hay comentarios