Canta xente se necesita
Canta xente se necesita

Canta xente se necesita...?

KALANDRAKA
981934
16,00 €
Impuestos incluidos
Canta xente se necesita...?

 
Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade. Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas que nos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspectos dun modo poético e sinxelo, ao alcance dos máis pequenos;tamén a repensar o concepto de comunidade e a valorar as relacións humanas e a convivencia. A obra, ideal para compartir a calquera idade, preséntase como un xogo de preguntas e respostas que permite responder libremente a cada lector ou lectora ou darlle a volta ao libro e, coma se se tratase da solución dunha adiviña, ler a resposta oculta que a autora nos propón. As ilustracións a dobre páxina son divertidas colaxes cheas de humor e de cor que achegan nova información que nos axudará a reflexionar e a responder ás cuestións que aquí se formulan. Atrévete a pensar por ti mesmo, non hai respostas incorrectas!
paginas
36
encuadernacion
TAPA DURA
espesor
1
colección
DEMADEMORA
zona
GALICIA
altura
297
ancho
210
10 Artículos
9788413432922
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos