Carrito
No hay más artículos en su carrito
O embigo de Xanecas
Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un novo descubrimento. Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados ... Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara?. Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo?. A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó... Aproveitando a inocencia do pequeno, cada quen irá inventando unha trola sobre o estraño buraco. Finalmente, a nai lle desvela a verdadeira razón da existencia do embigo, e, de paso, un dos grandes misterios da vida. As ilustracións de Francesca Chessa transmiten a espontaneidade e naturalidade dos xestos infantís. Son imaxes coloristas e desenfadadas, concibidas para que os cativos se identifiquen cos escenarios, os personaxes e o comportamento dos protagonistas. Este álbum constitúe un valioso recurso co que lles explicar dun xeito sinxelo e divertido o misterio do embigo.
- paginas
- 36
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 1
- colección
- COLECCION O
- zona
- GALICIA
- altura
- 230
- ancho
- 250
50 Artículos
9788498717020
No hay comentarios