Carrito
No hay más artículos en su carrito
A berenguela
A Berenguela é unha das obras de teatro infantil máis coñecidas de Manuel María, o autor a quen neste 2016 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Dende a Editorial Galaxia pensamos en facer un achegamento algo diferente aos máis habituais, así que publicamos este libro pero acompañado nun CD no que o gran compositor galego Nani García nos demostra a grandeza do seu talento acompañado da voz, xa habitual noutras producións da nosa editorial e no mundo teatral galego, de María Inés Cuadrado. Para poñerlle a guinda ao pastel necesitábase un ilustrador de altura, e ese non podía ser outro que Miguelanxo Prado. Un mollo de artistas de talento (máis o limiar doutro grande da literatura galega como Francisco Fernández Naval) para unha obra talentosa. Horas de lecer. Lendo. Ou escoitando...
- paginas
- 38
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 5
- colección
- LIBROS SINGULARES
- zona
- GALICIA
- altura
- 225
- ancho
- 145
1 Artículo
9788498656770
No hay comentarios