Carrito
No hay más artículos en su carrito
Unha última carta
Unha última carta transpórtanos a unha pequena e fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas... As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes... Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático, cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres, e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.
- paginas
- 48
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 5
- colección
- SIN COLECCION
- zona
- GALICIA
- altura
- 150
- ancho
- 200
1 Artículo
9788484642718
No hay comentarios