Carrito
No hay más artículos en su carrito
Anatol e dous máis
Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible. Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, como todos os seus amigos en Santiago, quere ser escritor. Este libro fala do sagrado e o terrible, fala das inocentes alegrías da vida que, como dicía Kierkegaard, non teñen máis ca un defecto: a súa mesma inocencia. Non é soamente un paseo polo efémero da xuventude, é a historia doutra educación sentimental, torpes, ás veces tenra. Hai que familiarizarse coa lama, porque só na lama crecen rosas. E desta cidade húmida que se che mete nos ósos e remata sendo unha enfermidade chea de musgo.
- paginas
- 148
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 1
- colección
- LITERARIA
- zona
- GALICIA
- altura
- 210
- ancho
- 135
2 Artículos
9788411760058
No hay comentarios