Carrito
No hay más artículos en su carrito
Cruceiro de verán
Unha novela escrita en 1943 na que o autor norteaméricano traballaría durante unha década para, finalmente, deixala rematada pero sen chegar a publicala nunca. No ano 1966, Truman Capote, logo do grandísimo éxito de In Cold Blood, abandona o seu piso nun soto de Brooklyn, deixando nel unha caixa con diversos papeis, que o porteiro do piso rescata do lixo e conserva ata súa morte. No outono do 2004, esa caixa é depósitada na casa de poxas de Sotheby´s para venderen o seu contido, descobréndose que nela hai varios cadernos co manuscrito dunha novela inédita titulada Cruceiro de verán. Dez anos traballou Truman Capote nesta novela, ao longo dos cales abandonaríaa e retomaríaa varias veces. Cruceiro de verán se desenvolve en Nova York xusto despois da segunda Guerra Mundial e conta a historia de Grady McNeil, unha rapaza de dazasete anos que convence aos seus pais para que a deixen pasar soa o verán mentres eles viaxan a Europa nun cruceiro. Grady, que forma parte da burguesía podente, agáchalles que en realidade está a vivir unha relación amorosa cun veterano de guerra de orixe xudía que traballa nun aparcamento. Esta é unha novela precoz, probablemente a primeira novela escrita por Capote, na que amosa un estilo brillante, de metáforas refulxentes, e un instinto narrativo inigualable. O dominio da frase, a ironía, a súa capacidade para describir sutilmente os matices das relacións humanas, fan desta novela un tesouro literario, antecedente dos seus grandes triunfos como escritor.
- paginas
- 152
- encuadernacion
- TAPA BLANDA O BOLSILLO
- espesor
- 10
- colección
- LITERARIA
- zona
- GALICIA
- altura
- 210
- ancho
- 135
1 Artículo
9788482889160
No hay comentarios