1q84
1q84

1q84

GALAXIA
187539
Últimas unidades en stock
27,40 €
Impuestos incluidos
1q84

 
O día 1 de febreiro poñerase á venda 1Q84, a nova novela de Haruki Murakami. Editorial Galaxia publícaa en galego ao mesmo tempo que o libro se lanza noutras linguas do mundo. Trátase dun dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés, 932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir. Aomame é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, coma se finasen de morte natural. Tengo é un profesor e autor inédito ao que lle piden que reescriba unha novela abraiante mais imperfecta. E Fukaeri é unha estudante cuxos pais, membros dunha comuna chamada Amencer, levan sete anos desaparecidos. A novela desenvólvese sobre o pano de fondo da historia contemporánea, das sectas relixiosas, do maltrato e da corrupción, un universo enrarecido no que o narrador escarabella para desvelar outra realidade oculta. Traducida directamento do xaponés para o galego por Mona Imai e Gabriel Alvarez, 1Q84 é o terceiro título de Murakami publicado por Galaxia, que antes tirara do prelo a novela Tras do solpor e o libro Do que estou a falar cando falo de correr. Libros 1 e 2
paginas
936
encuadernacion
TAPA BLANDA O BOLSILLO
espesor
46
colección
LITERARIA
zona
GALICIA
altura
210
ancho
135
2 Artículos
9788498653250
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos