Carrito
No hay más artículos en su carrito
Como facer cousas con palabras
USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
1115818
Últimas unidades en stock
10,00 €
Impuestos incluidos
Como facer cousas con palabras
Se por algo vai ser recordado este libro de filosofía é pola teoría que desenvolve, a dos actos de fala. Non é propiamente un libro de lingüística porque non se concentra na oración ou nalgún dos seus equivalentes actuais en uso (proposición, sentenza, cláusula, frase...). O seu obxectivo principal é a acción que se exerce a través da linguaxe, son os actos de fala. É unha visión filosófica da linguaxe. Austin inaugura para a filosofía e a ciencia da linguaxe un fértil ámbito de estudo no que se segue a debater sobre a mellor maneira de tratar a complexa relación entre as palabras e a acción. A teoría dos actos de fala ten un enorme potencial para achegarse a cuestións políticas coma a da inxustiza discursiva dentro da filosofía feminista da linguaxe, a ámbitos como a filosofía do humor a través do estudo dos actos de fala humorísticos, á filosofía do dereito (en particular, á cuestión de como se cometen delitos con palabras), á ontoloxía do social ou ao estudo da diversidade cultural nas formas en que a xente trata de realizar accións verbais dentro dunha interacción social. Discorrido máis de medio século dende a publicación desta obra, as ideas de Austin seguen a evidenciar o seu impacto sobre o pensamento contemporáneo.
- paginas
- 249
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 22
- colección
- CURSOS Y CONGRESOS
- altura
- 240
- ancho
- 155
1 Artículo
9788410142428
No hay comentarios