Carrito
No hay más artículos en su carrito
O negociador
Un feito histórico, o secuestro máis longo cometido por ETA no Estado español, é o punto de partida desta novela. As negociacións, que se desenvolven en Alxer, son narradas a través do excepcional testemuño do home que participou naqueles encontros pola liberación. As lembranzas e as sensacións dese momento enchen todo o relato. As vidas das persoas implicadas no proceso de acordo, tamén da parte de ETA, convértense nun complexo labirinto con diferentes saídas e historias colaterais que afectan incluso a xeracións posteriores. En «O negociador», finalista do Premio Xerais de Novela 2021, técese unha proposta documentada e suxestiva na que se entrelazan emocións intensas e contextos políticos que intentan explicar as consecuencias persoais daquel acontecemento. Un reto narrativo de altura que non deixa de sorprender ata o final.
- paginas
- 152
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 7
- colección
- NARRATIVA
- zona
- GALICIA
- altura
- 230
- ancho
- 155
8 Artículos
9788411101110
No hay comentarios