O senor Lugris e a negra sombra
O senor Lugris e a negra sombra

O señor Lugrís e a negra sombra

XERAIS
88780
Últimas unidades en stock
23,50 €
Impuestos incluidos
O señor Lugrís e a negra sombra

 
Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 - Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns.Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo;con mestres en gramática parda, señoritos tarambainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé mundial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si;mais tamén realidade. Como a vida.
paginas
384
encuadernacion
TAPA BLANDA O BOLSILLO
espesor
19
colección
NARRATIVA
zona
GALICIA
altura
220
ancho
145
1 Artículo
9788497826419
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos