Carrito
No hay más artículos en su carrito
Contos completos II
Poe escribiu contos coma "Os crimes da rúa Morgue", precursor do xénero policial, e "A caída da casa Usher", obra mestra da narración de misterio, ademais de contos de imitación humorística, paródicos e filosóficos. Por outra banda, a obra narrativa de Poe está considerada como unha das que marcan o inicio da literatura moderna;a orixinalidade dos seus temas e o xeito no que son tratados, empregando unha linguaxe que renova a narración tradiciónal, vai deixar unha fonda pegada en todas as literaturas do mundo e supón un punto de inflexión inescusable na concepción da narrativa como xénero literario. A obra de Poe é un dos símbolos culturais que sinalan o abrollar da sociedade moderna, a sociedade das grandes cidades e da industrializacion. Como autor, Poe exerce e exerceu unha indubidable influencia na cultura do século XX, mesmo na cultura popular e, singularmente, no cinema. Con esta edición dos Contos completos, de Edgar Allan Poe, o lector galego vai ter acceso ao conxunto dunha obra que é unha destemida e fascinante indagación nos misterios do mundo. O hipnótico poder de atracción das súas historias e unha concepción da literatura que xoga coas convencións para as superar fan de Poe un deses escritores lendarios que sobardadan os límites do universo literario.
- paginas
- 400
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 20
- colección
- CLASICOS UNIVERSAIS
- zona
- GALICIA
- altura
- 210
- ancho
- 135
1 Artículo
9788498652307
No hay comentarios