Carrito
No hay más artículos en su carrito
Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916)
O Rexurdimento representa un período brillante e inaugural da literatura galega. Esta «Antoloxía do Rexurdimento», preparada por Ramón Nicolás, sintetiza á perfección o espírito e as voces dese momento crucial. Logo dun breve estudo introdutorio e de notas biográficas actualizadas, atopamos unha coidada selección de textos literarios poéticos, narrativos, teatrais ou ensaísticos de Xoán Manuel Pintos, Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Antonio Fernández Morales, Marcial Valladares, Valentín Lamas Carvajal e Manuel Murguía, entre outros. Todos eles gozan, ademais, dunha proposta de carácter didáctico, baixo o título de «suxestións de lectura» á que se pode acceder a través dun código QR.
- paginas
- 144
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 1
- colección
- BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS
- altura
- 210
- ancho
- 145
10 Artículos
9788411105316
No hay comentarios