Carrito
No hay más artículos en su carrito
Os megatoxos e a espada esmeralda
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un emocionante curso escolar. Desde que un accidente os dotara de estraños poderes, os problemas non deixan de aparecer. Nun intento por acadar unha cura para a súa mutación, os catro mozos viaxarán ao Medievo. Alí, atoparán un antigo e misterioso mosteiro onde nada é o que parece. Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán aguzar a súa intelixencia e valor nunha biblioteca chea de enigmas, onde códices e perigos se mesturan nunha situación que porá a proba a súa amizade.
- paginas
- 192
- encuadernacion
- TAPA DURA
- espesor
- 9
- colección
- MEGATOXOS
- zona
- GALICIA
- altura
- 210
- ancho
- 145
9 Artículos
9788499142715
No hay comentarios