Carrito
No hay más artículos en su carrito
Aurora austral
Gañadora do 11º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil por ser, en palabras do xurado, unha Historia de aventuras ambientada nun universo distópico non moi distante do noso, con gran dose de crítica sociopolítica e que busca poñer o foco sobre o modelo de mundo ao que nos diriximos. Escrito nun estilo dinámico e fluído, con diálogos cribles que interpelan ao público lector. Ano 2053. Mei, unha moza de 17 anos esperta no medio dunha catástrofe global que a obriga a deixar a súa cidade despois de que unha estraña explosión a convertese en ruínas. Pero este suceso tráxico será a oportunidade para fuxir cara a un lugar libre da ditadura neixente, que fará sen dubidar acompañada de Eva e Tien-mu, sen saber ningunha que teñen moito máis en común que esa fuxida. Gañadora do 11º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil por ser, en palabras do xurado, unha Historia de aventuras ambientada nun universo distópico non moi distante do noso, con gran dose de crítica sociopolítica e que busca poñer o foco sobre o modelo de mundo ao que nos diriximos. Escrito nun estilo dinámico e fluído, con diálogos cribles que interpelan ao público lector. Héctor Cajaraville foi gañador deste premio tamén en 2016 coa obra Denébola a Roxa, de grande éxito entre o público e obxecto de sucesivas reimpresións.
- paginas
- 168
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 1
- colección
- MEIGA MOIRA
- zona
- GALICIA
- altura
- 190
- ancho
- 130
1 Artículo
9788499954561
No hay comentarios