O códice esmeralda

O códice esmeralda

XERAIS
525023
Últimas unidades en stock
23,50 €
Impuestos incluidos
O códice esmeralda

 
O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigmas. Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos que se entrelazan coa realidade e cun mundo que descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa a afondar máis na investigación. Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en realidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiño iniciático no que irá sacando as capas de cebola que ocultan a realidade. Trepidante novela de intriga, O Códice esmeralda supón un engaiolante achegamento á historia da batalle de Rande, un dos episodios galegos nos que cómpre afondar.
paginas
424
encuadernacion
RUSTICA
espesor
21
colección
NARRATIVA
zona
GALICIA
altura
220
ancho
150
1 Artículo
9788491211594
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos