Carrito
No hay más artículos en su carrito
Tempo de correspondencia
Xurdido do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá, «Tempo de correspondencia» valora a comunicación, non só como un acto de achegamento entre eles, senón como forma de reclamar un espazo onde entendernos a nós mesmos e, á vez, entendermos o outro, a outra. Se a maior capacidade da palabra é a de contar, os autores destes textos cóntanse un ao outro, e nese acto enfíase un posible sentido do existir, da amizade, da literatura como paixón e como forma de vida, da música e do cinema, das lecturas, da infancia no tempo pasado e dos proxectos do tempo futuro. Mais tamén se reflexiona sobre a inmensa escuridade do tempo presente, sobre a depresión como pozo, como Negra Sombra rosaliana. Talvez o noso maior acto de xenerosidade co resto das persoas sexa estarmos dispostos a comprender;mais para comprender é preciso comunicar. Estas cartas, xa que logo, representan por si mesmas esa posibilidade de darse, de entenderse, e esgazan o espírito dogmático do século: a barbarie.
- paginas
- 144
- encuadernacion
- RUSTICA
- espesor
- 14
- colección
- NARRATIVA
- zona
- GALICIA
- altura
- 230
- ancho
- 155
50 Artículos
9788411107648
No hay comentarios