As malas ideas

As malas ideas

XERAIS
1119758
19,50 €
Impuestos incluidos
As malas ideas

 
Elías é un afamado director de produción de series, cuxa traxectoria se ve repentinamente desprestixiada cando o seu equipo de rodaxe se planta nunha absurda folga. A crise laboral coincide coa morte do pai en Ferrol e vese na obriga de deixar o traballo e volver á súa terra natal. Alí descubrirá asombrado que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado;coñecerá a Merceditas, unha rabuda octoxenaria;a Irene, unha atractiva e enigmática veciña;a Ana, unha muller migrante sen papeis, e aos membros furiosos dunha rondalla que o perseguen. Todo se converte nun delirio, mentres o seu mundo laboral e persoal cae no caos. E Merceditas parece ter as claves do que sucede. María Solar ofrécenos unha obra vibrante, emotiva e de personaxes rotundos. Unha novela que transita entre o drama e o humor para reflexionar sobre o éxito, e o que permanece, nunha sociedade adanista. Unha historia sobre o caos e a orde, onde volver empezar é unha lei da natureza.
paginas
344
encuadernacion
RUSTICA
espesor
28
colección
NARRATIVA
zona
GALICIA
altura
230
ancho
155
50 Artículos
9788411107914
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos