Carrito
No hay más artículos en su carrito
OS MONOS DE LAXEIRO
O presente volume é unha recompilación exhaustiva da totalidade das viñetas que Laxeiro fixo para a prensa. Este traballo, actualmente non moi coñecido, de quen chegou a ser unha figura fundamental na renovación da arte galega do sáculo XX, é publicado por primeira vez de forma completa e significa, por tanto, unha achega imprescindíbel para o coñecemento, tanto dos inicios dun dos artistas galegos máis relevantes de tódolos tempos, como do humor gráfico na Galicia daquela época.Estes traballos datan dos anos 1928, 1929 e de xaneiro de 1930. Laxeiro tiña entre vinte e vinte e un anos e son o primeiro traballo profesional dun artista, aínda mozo, que demostra xa unha grande madurez e unhas dotes excepcionais para o debuxo, así como un fino sentido do humor.O libro complétase con tres textos que abordan esta faceta de Laxeiro dende tres perspectivas ben diferentes, como son a circunstancia persoal e biográfica;o aspecto estilístico e antropolóxico e, por último, a contextualización no panorama do humorismo gráfico da época.
- paginas
- 144
- encuadernacion
- OTRO FORMATO LIBRO
- espesor
- 1
- colección
- ARTE
- altura
- 1
- ancho
- 1
50 Artículos
9788484874096
No hay comentarios