Carrito
No hay más artículos en su carrito
Conecta co íntimo
... e velaí a proposta sen perder a frecuencia, nin o sinal, no desexo de conecta co íntimo". E así a complicidade do sentepensar. Nada de perdas innecesarias, que unha , das dúas oportunidades que se dean, non será moito pedir, que sexa a de querer ler e así quedarse dando voltas e máis voltas, nas vivencias, nas experiencias. No posible destes versos, na lectura de conquistas, oxalá eles toquen a alegrías e así vaian a menos as indiferencias, e se marquen espazos sentidos de emocións. Que ben así, dar o paso de tentar o ando do traxecto polos poemas. Canta ilusión en apañar bo rianxo e levalo ao directo, activado, a poder ser aprendendo e soñando ti e vós os meus e nosos soños ( os rotos tamén) e tratar así de irmos a algún lado, pois a poesía quere que vaiamos a ela todos os días e logo que viaxemos onde nos pete e poidamos. Volvámonos formigas de formigas. Non camiñemos levados polos silencios. Afloremos os desexos ocultos. Fagamos vida da vida ( e para ela).Recuperemos nos versos , se for o caso, e pola lectura, máis fíos para nos encantamentos obrar de mellor gusto. Velaí este "conecta co íntimo", poesía que volve, palabra a camiñar, un anaco de relación diso (e niso) que chamamos vida."
- paginas
- 82
- encuadernacion
- OTRO FORMATO LIBRO
- espesor
- 1
- colección
- POESIA
- altura
- 1
- ancho
- 1
50 Artículos
9788484877325
No hay comentarios