ODIAS A POESIA

ODIAS A POESIA

ELVIRA EDITORIAL
1274405
23,00 €
Impuestos incluidos
ODIAS A POESIA

 
Odias a poesía é o título na antoloxía poética da escritora galega María Lado, unha das voces líricas máis destacadas da Xeración dos 90 editada polo selo LuscoFusco de Editorial Elvira. O volume consiste nunha edición bilingüe en galego e castelán, elaborada e traducida pola propia autora. Con prólogo de Silvia Penas en galego e de Luis Boullosa en castelán, o libro contén unha selección de poemas que percorren os últimos vinte anos de escrita da poeta, e recolle poemas aparecidos en libros individuais, textos inéditos e outros raros. Odias a poesía mostra a evolución do seu estilo, marcado pola oralidade, polo emprego de distintas voces narrativas, a importancia que do ritmo ou a creación de imaxes líricas a través dunha linguaxe cotiá, non exenta de retranca, coa que procura intimidade coa persona lectora. Na obra podemos percorrer a traxectoria da escritora, que comezou no Batallón Literario da Costa da Morte, e chegar ata os seus textos máis recentes, marcados pola súa experiencia como recitadora e o seu interese na poesía escénica.
paginas
1
encuadernacion
OTRO FORMATO LIBRO
espesor
1
colección
SIN COLECCION
zona
GALICIA
altura
8
ancho
1
10 Artículos
9791399166842
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos