A LOLA
A LOLA

A LOLA

LAIOVENTO (IBD)
597170
10,00 €
Impuestos incluidos
A LOLA

 
A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da 2º República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o "pasado non ausente": polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a condicionar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e regresan casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte as ideas constitucionais de igualdade e liberdade democrática.
paginas
90
encuadernacion
OTRO FORMATO LIBRO
espesor
30
colección
TEATRO
altura
300
ancho
200
50 Artículos
9788484873938
No hay comentarios
Producto añadido a la lista de deseos